Un proxecto sobre Dereito ao Hábitat no barrio da Agra do Orzán
AGRA, UN BARRIO DE COIDADOS
Un proxecto para avanzar no coñecemento da Axenda 2030 e na promoción do ODS 11 “Cidades inclusivas e sostibles”
AGRA, UN BARRIO DE COIDADOS
Un proxecto para contribuír a participación social e a xeración de narrativas e prácticas contra a discriminación e os discursos de odio
Novas —
O proxecto —
O proxecto promove a formación, a investigación e a acción para a defensa do dereito a un hábitat digno e coidador, tomando coma contexto de traballo o barrio coruñés da Agra do Orzán.
Proponse a formación de todos os actores implicados nunha visión do Dereito ao Hábitat desde o enfoque ecofeminista e de coidados.
Tras a formación, todos os actores traballarán e investigarán a través da metodoloxía situada da cartografía social.
Desde unha mirada interseccional construiremos novas narrativas sobre un barrio estigmatizado, poñendo en valor aspectos que achegan aos coidados das persoas, a convivencia e a contorna.
Preténdese construír pensamento crítico e identificar as vulneracións de dereitos no acceso a un hábitat digno, así como facilitar espazos e ferramentas para a incidencia colectiva e a transformación social.
Poñer a vida no centro abre portas a pensar alternativas ao modelo económico e social actual
Novas —
Contidos —
Contidos —
DÍA A DÍA
3 de decembro 2025
Barrio
Cartografía do barrio con persoas maiores: emocións e reivindicacións.
24 novembro – 8 decembro 2025
25 outubro 24
IX Seminario HaeH
Soa non podes, coa veciñanza sí: Historias de barrios que coidan
15 outubro 24
Barrio, IES, MOPS
Xornada de celebración e devolución ao Agra
Setembro-outubro 2024
Coordinación
Deseño do material e da xornada de devolución á comunidade
Xullo 2024
Coordinación
Análise e triangulación de todo o material xenerado.
7 maio 24
MOPS
Cruzando miradas no proceso de IAP. Posta en común de resultados entre 1º e 2º curso.
Maio 2024
IES
Cartografia corporal crítica sobre o barrio: Emocións e reivindicacións sobre a súa contorna
Abril 2024
IES
Barrio e saúde: roteiros da man da biblioteca Ágora e o alumnado
20 marzo 24
IES
Cartografía emocional do Agra: poñendo en común a mirada apreciativa (sesión 2)
18 marzo 24
IES
Cartografía emocional do Agra: poñendo en común a mirada apreciativa (sesión 1)
2 marzo 24
Barrio
Obradoiro “Mosaico da memoria” en colaboración con Taller de Polo, Aselafem e o Galgo Azul.
Marzo-maio 24
MOPS
Traballos de IAP no barrio
28 febreiro 24
MOPS
Identificando temas para a Investigación Acción Participativa
20 febreiro 24
MOPS
Roteiro e xornada de traballo con estudantes e axentes sociais do barrio no espazo cultural O Galgo Azul
14 febreiro 24
MOPS
Sesión de formación sobre cartografías co estudantado
7 febreiro 24
IES Agra do Orzán
Formación sobre Dereito ao hábitat, urbanismo ecofeminista e coidados co alumnado
Febreiro-abril 2024
MOPS
Deseño, aplicación e análise enquisas á veciñanza
Febreiro-abril 2024
Cartografia emocional apreciativa do Agra
Alumnado 3º ESO
Xaneiro 2024
MOPS e IES
Reunións de coordinación e deseño de procesos a realizar co alumnado
Decembro 2023
MOPS
Deriva con docentes polo bario falando de dereito ao hábitat, urbanismo e coidados.
29 novembro 23
MOPS
Sesión de formación sobre cartografías co alumnado de segundo curso
21 novembro 23
CEIP Raquel Camacho
Realización da Sementeira Incubando historias do barrio
Novembro 2023
MOPS
Formación para alumnado e docentes