Vives no barrio da Agra do Orzán?

Desde o Mestrado de Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria (MOPS) da Universidade da Coruña Facultade de Socioloxía UDC queremos solicitarche a túa axuda na divulgación dunha enquisa dirixida á cidadanía do barrio da Agra do Orzán (A Coruña). O cuestionario afonda na percepción que a veciñanza ten do seu barrio, así como sobre a situación socioeconómica das persoas que o habitan e diversas cuestións relacionadas co ámbito dos coidados, igualdade de xénero, envellecemento da poboación e inmigración.
A participación no cuestionario é anónima e confidencial. A enquisa é en liña e pode accederse a ela a través da ligazón: https://forms.gle/5zDbfvjBLCzQJ9GYA
Seríanos de gran utilidade que nos axudases a divulgalo a través das súas redes sociais ou por calquera outra vía que lles poida resultar máis oportuna.
A enquisa forma parte do proxecto “Agra: un barrio de coidados”, liderado pola ONG Arquitectura sen Fronteiras-Galicia e na participa o MOPS (Universidade da Coruña).
Graciñas!