Neste segundo cuadrimestre do curso universitario, o alumnado de 1º curso do Máster en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria (MOPS) comezou o traballo no barrio dentro da materia de Investigación Ácción Participación (IAP), da man da súa profesora Laura Cruz.
O estudantado deberá deseñar e levar a cabo proxectos de IAP en relación a temas de coidado no espazo público. Para isto, comezouse un diálogo aberto co barrio, desenvolvendo diferentes actuacións que permitan dinamizar a reflexión compartida sobre as características dun barrio de coidados.
Comezouse cunha deriva para situarse no barrio, mantendo unha ollada aberta a partir do aprendido nas sesións
de aula. A partir dos resultados da devolución á comunidade dos proxectos do curso pasado, e desta primeira deriva, definiuse a delimitación das preocupacións temáticas, a súa conceptualización (a partir dunha investigación teórica sobre o tema), os obxectivos do proceso de IAP, os axentes implicados, e a planificación do proceso. Con esta información, o alumnado deberá realizar un informe que se pode devolver a axentes do barrio que queiran estar ao tanto ou participar do proceso.
En grupos de traballo o alumnado terá que escoller, deseñar e aplicar outras metodoloxías complementarias ás derivas: observación (de espazos públicos e relacións de convivencia, de servizos públicos e a calidade da atención…), entrevistas ou grupos de discusión…
Cada grupo de 1º presentará na aula os resultados do seu diagnóstico inicial. A idea é integrar toda a información nunha cartografía conxunta, a partir da dinámica que se estableza por parte das docentes. Agardamos ver pronto todos eses resultados!