Carta á alcaldesa

Á atención da Sra. Alcaldesa da Coruña

Dirixímonos a vostede desde o compromiso cidadán coa mellora do barrio do Agra do Orzán, para trasladarlle unha serie de reivindicacións urxentes en materia de urbanismo e coidado, expresadas polas propias veciñas e veciños en distintos espazos participativos e traballos de campo realizados recentemente no marco do Proxecto Agra: un barrio de coidados.

Queremos construír, xunto con vostede e o seu equipo, un barrio que coide: un entorno accesible, digno e habitable para todas as idades, onde se recoñeza e fomente a vida comunitaria, se garanta a participación interxeracional e se prioricen os coidados como eixo central do deseño urbano.

 

1. Accesibilidade universal real

A falta de accesibilidade é unha barreira diaria para moitas persoas maiores ou con mobilidade reducida. Son necesarias actuacións urxentes para garantir o seu dereito a transitar polo barrio con seguridade e autonomía.

Cuánta gente hay que tiene más de 80 años y está encerrada en su casa porque no puede salir (experto urbanista)

La calle Barcelona resbala… tampoco es una cosa buena para la gente mayor (comercio)

Yo no [voy] mucho, porque como es cuesta arriba, con la silla no me da para subir (persona mayor)

Nos gusta andar por donde la señora pueda caminar (mujeres mayores)

Pedimos:

  • Pavimentos antiescorregadizos en rúas con pendente.
  • Rampas e pasamáns en zonas clave.
  • Beirarrúas máis anchas e accesibles.
  • Medidas para unha mobilidade segura e pacificada, incluíndo regulación de patinetes.
  • Bancos con respaldo e protexidos do sol e da chuvia.
  • Baños públicos de obra na praza das Conchiñas.

2. Iluminación e coidado da contorna

A falta de iluminación axeitada e o deterioro do entorno urbano xeran un ambiente hostil, especialmente para as mulleres, as persoas maiores e a mocidade.

No me siento segura aquí (adolescente)
Visitaría con más frecuencia esta zona si mejorara su iluminación (mujer mayor)
Los edificios son oscuros y tristes… falta vida (adolescente)

Solicitamos:

  • Revisión e mellora do sistema de alumeado público.
  • Mellor limpeza urbana e control do civismo (excrementos, ouriños, ruído).
  • Mantemento do mobiliario urbano.

 

3. Espazos verdes e de socialización inclusivos

A perda de zonas verdes e a escaseza de espazos públicos pensados para o encontro, o xogo e o descanso afectan a toda a comunidade, especialmente a maiores, infancia e mocidade. Non dispor de lugares que se sintan propios limita o dereito a habitar o barrio, así como o sentimento de pertenza.

A mí me gustaría que dejaran todo ese verde que hay ahí y no pusieran esas monstruosidades que van a hacer [refiriéndose a las nuevas viviendas] (persona mayor)

A mí me encanta ver verde no ver tanto cemento, es horrible (persona mayor)

Non acostumo saír moito de casa porque non hai espazos de socialización no barrio (adolescente)

Me estoy yendo a otros sitios como la playa y a pistas (…) Fuera [del barrio], porque hay más espacio para hacer deporte (adolescente)

A actual distribución do escaso espazo público disponible non responde ás necesidades dunha comunidade diversa e xera tensións respecto do dereito de uso.

El barrio es muy grande y el parque muy pequeño (mujeres mayores)

Estamos todos juntos aquí, somos muchos (adolescente)

El problema de las Conchiñas es que es una zona de paso más que un parque (adolescente)

Hay de todo porque hay gente que dice: ‘ya están estos niños ahí jugando’ y otros, pues no, aguantan los balonazos y de todo. Tengo dos nietos, una de 11 años y otro de 8 y están jugando. Y claro, para un sitio que tienen (mujer mayor)

Reivindicamos:

  • A apertura do Parque do Observatorio como espazo verde polivalente, con zonas de sombra, bancos con respaldo, xogos para a infancia e pistas deportivas.
  • A recuperación de espazos verdes perdidos, e a integración da natureza nas prazas e rúas do barrio.
  • Unha planificación urbana con enfoque etario e interxeracional, con espazos diferenciados para o xogo, o lecer tranquilo e a actividade física.

 

4. Equipamentos de coidados accesibles e de proximidade

No barrio contamos con equipamentos públicos valiosos como o Ágora e os centros cívicos, pero o seu potencial como espazos de coidado e encontro interxeracional está infrautilizado ou mal planificado.

As persoas maiores e coidadoras migrantes recórdannos, coa súa experiencia cotidiana, que o coidado tamén se constrúe desde o deseño urbano e a xestión dos equipamentos, con regulacións que respondan ás necesidades de todas as personas e unha oferta pública de actividades accesible.

El banco de piedra está muy frío, la gente mayor lo nota mucho. Si pudieran hacerlo, como los bancos, poner por encima esas tablas y un respaldo, porque nosotros de la espalda, si no tenemos donde apoyar, estamos fastidiados (persona mayor)

Aquí [en el Ágora] en el verano, hay cuatro bancos o 5, y los que están con árboles están copados. Cuando vienes ya está todo ocupado. Ya están aprovechando la sombra. Y nosotros hasta las 7 no podemos salir porque da el sol, y entonces queremos un poco de sombra, porque si no ellos ahí se asfixian (persona mayor)

Si puede haber actividades donde ellos puedan participar, no sé, algún monitor, no te digo todos los días, alguna actividad una vez al mes o cada 15 días, que pueda hacer la gente para… cómo te digo, entretenerlos un rato (mujer migrante cuidadora).

Reclamamos:

  • Mellora e revitalización dos centros cívicos e culturais, con programación inclusiva para todas as idades, e zonas diferenciadas de descanso, participación, aprendizaxe e lecer.
  • Mobiliario urbano adaptado, con bancos con respaldo, superficies cálidas e accesibles, así como contornos cómodos, con sombra e vexetación, que conviden ao uso diario.
  • Apertura da cafetería do Ágora como espazo clave de encontro informal, descanso e coidado cotián.
  • Normativas de uso máis flexibles e sensibles ás necesidades das persoas maiores, que permitan consumir alimentos no interior, facilitar actividades espontáneas e promover usos mixtos dos espazos públicos.

5. Revitalización do mercado das Conchiñas e incentivos ao comercio local como rede de coidados

O comercio local non é só unha actividade económica, en barrios como o Agra cumpre unha función social, afectiva e comunitaria clave. Os comercios son testemuñas cotiás do barrio, recoñecen a quen entra cada día, preguntan por quen falta, ofrecen confianza, proximidade e apoio, especialmente a persoas maiores que viven soas ou con movilidade reducida.

O barrio ten memoria dun pasado máis vivo, recordando o mercado das Conchiñas como un punto central de vida comunitaria, actualmente infrautilizado.

El cierre de locales es una problemática que empobrece al barrio (personas mayores)

La calle Barcelona tenía más vida en el pasado (persona mayor)

El Mercado das Conchiñas tiene potencial como mercado de referencia del barrio, siempre que se mejoren sus condiciones y/o instalaciones (personas mayores)

Suxerimos:

  • Impulso ao Mercado das Conchiñas como referente de comercio de proximidade, coidado cotián e alimentación saudable, con melloras de infraestrutura, incentivos fiscais e actividades comunitarias vinculadas ao espazo (obradoiros, feiras…)
  • Plan de revitalización do comercio local do barrio, con recoñecemento simbólico e material da súa función social e medidas para frear a desertificación comercial (axudas ao alugueiro, reformas, campañas de visibilidade).

6. Participación ciudadana e enfoque comunitario

Un urbanismo que coida é aquel que se constrúe desde a escola, a participación e o recoñecemento de quen habita o barrio.

El gran reto del urbanismo es hacer que el urbanismo sea un instrumento transformador de la sociedad (experto en urbanismo)

Propoñemos:

  • A creación de mesas de participación veciñal, con representación de persoas maiores, migrantes, mulleres e mocidade.
  • Accións culturais e educativas nos espazos públicos para reforzar o sentido de pertenza e a cohesión social.

Un barrio que coida non é só un lugar con infraestruturas. É un espazo que acolle, recoñece e acompaña. Onde cada persoa, independentemente da súa idade, xénero, capacidade ou situación económica, pode vivir con dignidade, participar e ser parte activa da comunidade.

Confiamos na súa vontade política para avanzar cara a un urbanismo máis xusto, humano e sostible, e quedamos á súa disposición para abrir canles de diálogo e colaboración.

Atentamente,

O barrio do Agra do Orzán

Podes achegar novas propostas a través deste formulario

Ligazón ao formulario: https://forms.gle/VwiT9KbvEH5MheF57

Todas as voces contan para facer do Agra un barrio de coidados!

GALERÍA DE IMAXES   AQUÍ