Coidados ocultos

No barrio do Agra latexa unha rede de coidados sostida pola solidariedade, o compromiso e os vínculos entre veciñas e veciños. Trátase dunha trama valiosa mais a miúdo invisibilizada, que queremos poñer en primeiro plano para recoñecer de maneira explícita a súa labor esencial. Estes coidados son os que fortalecen a vitalidade e a resiliencia do barrio, ao tempo que nos convidan a cuestionar uns modelos sociais que, con frecuencia, ignoran ou desvalorizan este traballo colectivo e imprescindible.

Maiores que coidan e se acompañan

No corazón do barrio da Agra do Orzán, un grupo de persoas maiores teceu, día a día, unha rede de coidados, acompañamento e resistencia silenciosa. Lonxe da imaxe pasiva ou dependente que a miúdo se proxecta sobre a vellez, estas persoas demostran ser axentes activos na construción comunitaria, sostén emocional de quen as rodea e protagonistas dunha rede informal que atopou a súa base no Centro Sociocultural Ágora.

Este espazo converteuse nun refuxio cotián, lugar de socialización, centro loxístico e afectivo, onde se crean vínculos de confianza mutua. A nosotros nos dio mucho la vida que hicieran esto [el Ágora], porque no había donde ir, la gente mayor no teníamos a dónde ir, comparte unha das participantes.

A rede que conforman non ten nome formal, nin orzamento, nin recoñecemento institucional. Pero ten algo máis potente: un profundo sentido de pertenza, familiaridade e compromiso mutuo. Somos como una familia, afirman, de venir todos los días nos conocemos todos. Lonxe de ser un lugar de paso, o Ágora é agora un nodo comunitario de coidados recíprocos.

O que define ao grupo é o sentimento compartido de que están aí os uns para os outros. Se alguén falta, notase. Se alguén necesita apoio, organízase. Si tengo que ir a un recado o al médico… dejo aquí tranquilamente a quien cuido porque sé que están, explica unha muller coidadora.

Moitas das mulleres que participan son á vez coidadoras de familiares dependentes, e atopan no grupo non só compañía, senón un alivio real nunha tarefa que adoita ser solitaria e esgotadora. Este espazo convértese así nun entorno seguro de apoio mutuo, froito de anos de convivencia e do profundo coñecemento das necesidades de cada persoa.

A participación das persoas neste grupo mellora o seu benestar, a súa seguridade e a súa saúde emocional. Non se trata só de entretemento. Cóntano así: El grupo me aporta mucho, ya digo, terapia. Terapia absoluta. Además, nos metemos unos con los otros, que eso es muy bueno…

Alí conversan, ríen, comparten preocupacións e saberes: “se va pasando el tiempo, que, si no, es malo de pasar, y para estar siempre en la tele metido, tampoco”.

Este modelo de coidado horizontal, baseado na confianza, na cotiandade e na corresponsabilidade, non pode nin debe suplir carencias de apoio institucional. Os seus testemuños relatan o abandono que senten: “Non temos axuda de ninguén… facemos cousas que facemos nós”. As súas voces non reclaman caridade, senón dereitos, recoñecemento, respecto e recursos para seguir facendo o que xa fan: coidar. Demandan infraestruturas axeitadas, mobiliario adaptado, baños accesibles, actividades deseñadas con e para elas, e apoio sostido por parte das políticas públicas.

Este grupo do Ágora non é unha excepción, senón un exemplo concreto do que pode suceder cando hai un espazo digno e accesible onde encontrarse.

Recoñecer estas redes informais de coidado e participación non pode quedar só no discurso. Necesítanse políticas concretas que poñan no centro a quen coida e é coidada, que garanten descanso, acompañamento e recursos a quen sostén a vida nos barrios.


Mulleres migrantes que sosteñen vidas

O aumento da migración feminina transformou a vida dos barrios. Hoxe, as mulleres migrantes son o motor invisible dun sistema de coidados que se sostén sobre un traballo feminizado, racializado e precarizado. Son elas quen coidan, acompañan, limpan, alimentan; quen sostén vidas alleas mentres moitas veces ven desprazadas as propias. Coidan aquí, co seu corpo, e tamén alá, na distancia.

Fano, ademais, en condicións que negan os seus dereitos máis básicos: xornadas longas, escaso descanso e tempo propio, sobrecarga física e emocional, inseguridade laboral e medo a esixir o que lles corresponde.

Sen elas, non hai coidados. E sen coidados, non hai barrio.

A partir das súas testemuñas creamos este relato coral:

Nosotras, las que cuidamos

Me vine para acá a trabajar en lo que fuera. Limpiando casas, sirviendo mesas, cuidando gente mayor… todo lo que apareciera. Porque cuando llegas, no hay opciones. Solo una palabra que se impone: sobrevivir.

Al principio cuesta, todo es nuevo, todo pesa. Aquí el cuidado no es colectivo como en mi país. Allá se vive con la familia, todos cuidan, todos se cuidan. Aquí es diferente, es más individual. Todo se delega: en nosotras.

Para mi cuidar es esmerarse para que el otro esté bien, dure y perdure. Da igual que sea una planta, un animal, un trabajo, una hija o un padre. Primero es querer ese algo, tenerle amor, y entonces darle tus cuidados, darle lo mejor. Por su bienestar.

Cuando trabajas con personas -sea como cuidadora, peluquera o florista- tienes que crear vínculo. Darte. Dedicarse al otro sienta bien.

Pero a veces resulta agotador. Trabajar como interna cuidando a una persona dependiente significa estar disponible las 24 horas, sin descanso. Hay que hacer un gran esfuerzo, y muchas veces lo haces sin preparación, dando lo mejor que puedes, pero terminas lesionándote. Te consume el cuerpo y la mente. No tienes privacidad. No hay silencio. Y, aun así, hay que sonreír, hay que seguir adelante.

Aunque estemos aquí, nuestros corazones siguen allá. Cuidamos a nuestra familia desde lejos. Mandamos dinero, palabras, llamadas. No hace falta tocar para cuidar. Basta con no soltar.

Cuidamos aquí, cuidamos allá, pero ¿quién nos cuida a nosotras?

A veces siento que me dejo para el final. Siempre al final. Me gustaría ir al gimnasio, sentarme en un parque a tomar un café, pasear… Pero no hay tiempo. Me cuido… cuando puedo. Porque no me da la vida.

Lo que salva, a veces, es encontrarte con otras como tú. Mujeres que saben lo que es dejar su casa, su madre, sus hijos, para cuidar a los de otros. Entre nosotras intentamos sostenernos, aunque no siempre es fácil. Nos juntamos y nos cuidamos. Pero también necesitamos apoyo.

Nadie reconoce lo que hacemos. Todo el mundo sabe que somos nosotras las que cuidamos niños, personas mayores, hogares… pero nadie lo dice en voz alta. Nuestro trabajo es imprescindible, pero no se valora, sigue siendo invisible.

El reconocimiento tiene que empezar por lo más cercano: cada hogar. Desde cada casa, valorar que esa mujer que cuida está haciendo un trabajo enorme. Que, sin ella, sin nosotras, el sistema entero se desmoronaría. Y desde ahí extenderse a toda la sociedad y sus instituciones, impulsando políticas públicas que protejan y dignifiquen nuestro trabajo. Así, los cuidados se transformarán en un derecho colectivo, y no en una carga silenciosa.

No todas venimos del mismo país. No todas tenemos la misma historia. Pero sí compartimos algo profundo: cuidar ha sido nuestra entrada al trabajo, nuestra forma de construir vínculos, nuestra manera de echar raíces y pertenecer. Cuidar es también nuestra forma de sostener la vida en el barrio.

Nós, as que coidamos (galego)

Viñen para aquí a traballar en calquera cousa. Limpando casas, servindo mesas, coidando persoas maiores… todo o que aparecese. Porque cando chegas, non hai opcións. Só unha palabra que se impón: sobrevivir.

Ao principio custa, todo é novo, todo pesa. Aquí o coidado non é colectivo como no meu país. Alá vívese coa familia, todos coidan, todos se coidan. Aquí é diferente, é máis individual. Todo se delega: en nós.

Para min coidar é esmerarse para que o outro estea ben, dure e perdure. Da igual que sexa unha planta, un animal, un traballo, unha filla ou un pai. Primeiro é querer ese algo, terlle amor, e entón darlle os teus coidados, darlle o mellor. Polo seu benestar.

Cando traballas con persoas —sexas como coidadora, peluqueira ou florista— tes que crear vínculo. Darte. Dedicarse ao outro senta ben.

Pero ás veces resulta esgotador. Traballar como interna coidando a unha persoa dependente significa estar dispoñible as 24 horas, sen descanso. Hai que facer un gran esforzo, e moitas veces facelo sen preparación, dando o mellor que podes, pero rematas lesionándote. Consúmeche o corpo e a mente. Non tes privacidade. Non hai silencio. E, aínda así, hai que sorrir, hai que seguir adiante.

Ainda que esteamos aquí, os nosos corazóns seguen alá. Cuidamos á nosa familia dende lonxe. Mandamos diñeiro, palabras, chamadas. Non fai falla tocar para coidar. Basta con non soltar.

Cuidamos aquí, coidamos alá, pero ¿quen nos coida a nós?

Ás veces sinto que me deixo para o final. Sempre ao final. Gustaríame ir ao ximnasio, sentarme nun parque a tomar un café, pasear… Pero non hai tempo. Coídome… cando podo. Porque non me dá a vida.

O que salva, ás veces, é encontrarte con outras como ti. Mulleres que saben o que é deixar a súa casa, a súa nai, os seus fillos, para coidar aos dos outros. Entre nós intentamos sosternos, aínda que non sempre é fácil. Xuntámonos e coidámonos. Pero tamén necesitamos apoio.

Ninguén recoñece o que facemos. Todo o mundo sabe que somos nós as que coidamos nenos, persoas maiores, fogares… pero ninguén o di en voz alta. O noso traballo é imprescindible, pero non se valora, segue sendo invisible.

O recoñecemento ten que empezar polo máis próximo: cada fogar. Dende cada casa, valorar que esa muller que coida está facendo un traballo enorme. Que, sen ela, sen nós, o sistema enteiro derrubarse-ía. E desde aí estenderse a toda a sociedade e as súas institucións, impulsando políticas públicas que protexan e dignifiquen o noso traballo. Así, os coidados transformaranse nun dereito colectivo, e non nunha carga silenciosa.

Non todas vimos do mesmo país. Non todas temos a mesma historia. Pero si compartimos algo profundo: coidar foi a nosa entrada ao traballo, a nosa forma de construír vínculos, a nosa maneira de enraizar e pertencer. Coidar é tamén a nosa forma de soster a vida no barrio.

Comercios que tecen comunidade

No proceso participativo coas veciñas, veciños e comercios do barrio, recoñecemos diversas funcións que estes establecementos desempeñan no sostén dos coidados e na vida comunitaria do barrio.

  1. Confianza e vínculo afectivo

Os comercios son moito máis que lugares de compra: son espazos onde se coñece á xente polo nome e se establece un vínculo baseado no trato atento e humano, rompendo coa lóxica impersoal do consumo. Son lugares de socialización, conversa e acompañamento cotiá, e tamén de contención e seguridade, onde se manteñan rutinas afectivas como saúdos, bromas e preguntas pola familia.

Llevo aquí ocho años y yo conozco a los vecinos. A veces me traen una sopa o un caldo caliente (comercio)

Los empleados de este supermercado son lo número uno en amabilidad, son muy buenos con todo el mundo en general, pero conmigo tienen un trato especial (veciña)

  1. Observación activa e alerta temperá

Detectan cambios de ánimo ou ausencia de clientes, sobre todo de persoas maiores, e poden actuar como “radares comunitarios” ante situacións de vulnerabilidade.

Si veo que está contando sus moneditas y no le va a alcanzar… yo le digo que se lo lleve igual (comercio)

  1. Apoio práctico na vida cotiá

Axudan nas tarefas do día a día: explican trámites, cartas do banco ou o uso do móbil; asisten coas bolsas ou compras; e facilitan o acceso a servizos que fagan a vida máis fácil.

Vienen a pedir desde una cita médica hasta entender una carta del banco. Una vez nos trajeron una cartilla para saber cuánto dinero tenía en pesetas (comercio)

  1. Identidade e cohesión

Fomentan o sentido de pertenza ao barrio, favorecen o encontro, a convivencia e o recoñecemento mutuo. Actúan como pontes interxeracionais e interculturais e contribúen a preservar a identidade cultural fronte á homoxeneización das grandes superficies e franquías. Os comercios rexentados por persoas migrantes convértense tamén en espazos de expresión identitaria e creación de redes de apoio.

Creo que eso se ve reflejado cuando entran a la tienda y me dicen “Qué bonito está, qué bonito has hecho esto, me encanta esto”. A la gente le gusta, es agradecida (comercio)

  1. Vitalidade e dinamismo urbano

Contribúen a que as rúas estean activas, seguras e habitadas. Melloran a mobilidade cotiá ao ofrecer servizos de proximidade accesibles a pé, e fomentan oportunidades laborais no propio barrio, favorecendo o arraigo.

Salgo al comercio, me encuentro con uno, socializo, converso. Eso genera un tejido invisible (comercio)

  1. Lóxica de veciñanza máis aló do negocio

O rol de coidado non sempre é consciente nin planificado: xorde da convivencia. As e os comerciantes asúmeno como veciñas e membros activos da comunidade, aínda que non sexa a súa función formal, sentindo o deber moral de estar presentes.

El rol de cuidados lo estamos desempeñando, pero lo vamos a desempeñar de todas las maneras: con la gente mayor, con la gente jovencita, con los niños que vienen (comercio)

Relato coral desde as voces dos comercios do barrio

Na froitería pregúntanche se xa almorzaches.
Na farmacia explícanche esa carta que non entendes.
No café resérvanche a mesa ao sol.
Na libraría alguén escoita.
E cando non podes vir, alguén pregunta por ti.
Isto non é casualidade.
Isto é coidado.

Nos comercios do barrio tamén se coida. Porque non se trata só de vender. Trátase de mirar. De coñecer quen entra pola porta. De saber cando alguén non está ben. De ofrecer axuda, aínda que non a pidan. Coidar, aquí, é parte da rutina, do vínculo coa comunidade.

Coidamos porque estamos. Somos e facemos barrio.

Ás veces axúdase co móbil, coa cartilla do banco, cunha recarga. Outras, atende fóra do local debido á falta de accesibilidade, ou recórrese á axuda doutro cliente de confianza. Con todo, tamén existen límites. Non todo se pode facer desde o comercio. Pero o que se fai, faino desde o compromiso e a proximidade. E iso nota-se.

Os comercios que máis coidan son os que escoitan, os que saúdan polo nome, os que dan tempo e presenza.

Neses lugares rise, convérsase, pregúntase pola familia. Facilítase que a vida de quen ten menos mobilidade, menos redes ou máis anos sexa un pouco máis amable.

Porque ese tecido é a diferenza entre vivir nun barrio ou habitar unha comunidade.

E aínda que moitos comerciantes non se vexan como coidadores, si o son. Son quen sostén sen que se note, quen acompaña sen facer ruído, quen fai barrio todos os días.

Por iso dicimos que no barrio tamén se coida desde o mostrador. Desde un sorriso, desde unha broma, desde ese xesto que parece pequeno, pero que para alguén pode ser todo.

Pedimos que se recoñeza ese traballo que sostén a dignidade cotiá de tantas persoas. Dotar de maior visibilidade e apoio formal a este tecido social que está actuando como sostén no barrio.

 

GALERÍA DE IMAXES   AQUÍ