Un barrio que coida é aquel que escoita, valora e pon no centro ás persoas maiores.
Estudantes do Mestrado en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria da UDC recolleron, a través dun proceso participativo, as voces que expresan as súas realidades e demandas.
Coñecelas é clave para deseñar estratexias orientadas a fomentar un envellecemento digno, activo e seguro.
Pousamos aquí algunhas das súas necesidades, contadas en primeira persoa.
1. Compañía
Moitas persoas maiores viven soas e carecen de compañía cotiá. A soidade é a necesidade máis sentida.
Lo que yo veo en este barrio es que hay mucha soledad (comercio)
A soidade afecta ao benestar emocional e á autonomía funcional, e pode agudizar a vulnerabilidade.
Personas que, en estado de soledad, con pocas relaciones, con poca participación, realmente no tienen una calidad de vida optima, como sería necesario (servizos sociais)
Demandan atención, recoñecemento e afecto nas súas interaccións cotiás.
Los adultos mayores vienen en busca de mucho cariño (comercio)
2. Autonomía
O deterioro físico limita a mobilidade e a autonomía.
Ahora puedo pasear poco, voy mayor, y no está ya el cuerpo para aguantar mucho (persoa maior)
As persoas maiores necesitan “asistencia para seguir vivindo como desexan” (servizos sociais).
Hay gente muy mayor que se está encargando de la medicación, que muchas veces se hacen un gran embrollo con ella (farmacia)
A fenda dixital limita a súa independencia e acceso a servizos ademais de xerar frustración.
Con tecnología solicitan bastante ayuda. Sobre todo, arreglar los móbiles o entender mensajes (farmacia)
3. Apoio institucional
Moitas persoas maiores, especialmente mulleres, coidan doutras sen axuda suficiente, o que xera esgotamento físico e emocional.
¿Que a veces estoy cansada? Pues sí. (…) El sábado yo estoy libre, y lo necesito, ¿para qué voy a decir una cosa por otra? Para desconectar un poco (persoa maior coidadora)
Demandan equipamentos axeitados (residencias, centros de día, servizos a domicilio) e máis axudas para a xente dependente (muller migrante coidadora).
Falta de recursos humanos y financieros para desplegar toda la cartera de servicios que serían necesarios (servizos sociais)
4. Participación
Necesitan espazos propios, onde socializar, sentirse recoñecidas e aportar. Deben ser accesibles, con actividades deseñadas segundo os seus intereses e capacidades, e que promovan o seu protagonismo social.
Hay personas mayores con habilidades, capacidad para ser voluntarias de una actividad, para ser agentes vivos y activos en la participación (servizos sociais)
A participación activa das persoas maiores é clave para un barrio máis habitable, xusto, inclusivo e sensible ás distintas etapas da vida.
5. Políticas públicas integrais
O coidado debe ser integral, non só físico, senón tamén emocional, relacional e comunitario.
No tenemos servicios que proporcionen este apoyo en esta vida autónoma, ni en el cuidado de sus necesidades más básicas (servizos sociais)
No somos agentes de atención a demanda individualizada, debemos tener una implicación comunitaria importantísima y debemos de ser capaces de desarrollar este ámbito participativo y comunitario (servizos sociais)
GALERÍA DE IMAXES AQUÍ