Tras un intenso ano de traballo colectivo do que da conta esta web, estamos moi contentas de poder seguir o proceso iniciado co proxecto AGRA: un barrio de coidados. Arrancamos a fase 2 que irá ata outubro de 2025 aproximadamente.
Contamos, de novo, para elo co apoio financieiro da DXREUE da Xunta de Galicia a través da súa convocatoria 2024 de Proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global.
Seguimos desde Arquitectura sen Fronteiras a liderar este proceso no que nos acompaña e enriquece como socia a Universidade da Coruña, a través do Mestrado de Política Social e Intervención Sociocomunitaria (MOPS). Alumnado, e docentes de diversas materias participan a través de experiencias de aprendizaxe servizo coas que se achegarán a profundar en distintas cuestións de interés para a súa formación e para a veciñanza do Agra relcionadas co dereito a un hábitat digno, os barrios coidadores e o urbanismo ecofeminista. Cuestións relacionadas cos coidados das persoas, da convivencia e da contorna natural e construida.
Seguimos a traballar coas comunidades educativas do IES Agra do Orzán e co Ceip Raquel Camacho. Avanzamos no proceso, nos obxectivos e no tipo de traballo máis enfocado nesta fase cara a educación para a participación e a transformación social da nosa contorna próxima. A mirada cotiá desde as necesidades da infancia e a mocidade , das súas familias e educadorxs é calve para abordar un barrio incluivo, accesible, seguro,
Arrancamos a fase 2 que irá ata outubro de 2025 aproximadamente. Nesta fase asimilaremos e seguiremos trabllando desde todo o aprendido e recollido na fase 1. Moitas horas nas rúas, nos centros educativos, compartidas coa veciñanza e as entidades do Agra que teñen que seguir tomando forma para facer visibles, coidar e fortalecer o que nos coida neste barrio. Tamén para profundar na reivindicación das vulneracións de dereitos, nas necesidades non cubertas desde a perspectiva do dereito a un hábitat digno e dun urbanismo coidador.
Xuntas seguir xenerando procesos, ferramentas, aprendizaxes, recursos e accións que contribuan a xenerar sentido de pertenza, vínculos coas persoas e o territorio para poder vincularnos, desde o próximo, con outros contextos e realidades achegándonos á practica da cidadanía global, crítica, corresponsable e solidaria.
Pois iso…seguimos…