No marco das materias Taller de actualización e Transferencia e Deseño de proxectos e traballos de investigación, de 2º curso do Mestrado en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria da Universidade da Coruña as estudantes levanron a cabo uns traballos relacionados cos coidados no barrio de Agra do Orzán.
Se realizaron a través de metodoloxías cuantitativas empregando unha enquisa que se pasou as veciñas e veciños do barrio. O cuestionario contaba con 6 bloques temáticos: percepción: necesidades e demandas; Familia, coidados e igualdade de xénero; Intereculturalidade; envellecemento; Socio-laboral e condicións sociais e Sociodemográfico, a cal foi creada polo propio estudiantado.
A enquisa estivo aberta desde inicios de febreiro ata mediados de marzo, e recolleuse información tanto de maneira online como presencial. Traballouse con un total de 129 respostas. Así, aínda que non é representativo do barrio, aporta información valiosa sobre as distintas temáticas.
A través do análisis dos resultados das mesmas se realizaron traballos das seguintes temáticas:
- A situación das persoas maiores no barrio
- A Situación sociolaboral do barrio con enfoque de xénero
- Interculturalidade
- Igualdade e coidados
- Percepción do barrio
Están dispoñibles algúns dos resultados en formato POSTER elaborado polo alumnado na seguinte LIGAZÓN