Formación docentes secundaria: Dereito ao hábitat e barrios de coidados

7 docentes do IES Agra do Orzán, xunto con outros de distintos centros da cidade participaron deste curso impartido Por ASF Galciia no marco do Plan Proxecta do que fai parte Proxecto Terra.

O curso tivo unha duración de 12 horas presencias e desenvolveu no Cefore da Coruña os dias 18,19,25 e 26 de outubro de 17 a 20 horas

Esta formación aborda o marco conceptual e polítco do Dereito ao hábitat, e incluímos por primeira vez un modulo específico orientado ao urbanismo ecofeminista e as cidades coidadoras e outro sobre a metodoloxía da cartografía social colaborativa.

O enfoque e a práctica estivo moi eorientada a achegarnos ao que será a actividade a realizar co alumando do IES do Agra no 2024. A IAP a través da cartografía sobre o barrio, que se ben ASF vai liderar metodolóxicamente, conta con apoio e implicación  do equipo docente. Este equipo, tras todo o proceso, quedará formado para ser multiplicador de experiencias de este tipo e da metodoloxía aplicandoa a calquera temática.