Esta formacicón se realiza no marco da materia de Investigación acción participativa do 1º curso do Mestrado de Política social e intervención comunitaria da UDC, Participará o alumnado da materia e abrimos a inscrición para participar a entidades, colectivos, activistas, veciñanza con interés na materia.
Data: martes 10 de Febreiro de 16 a 20 hrs
Lugar: Centro Ágora, Aula 9. A Coruña
Docente : Zinthia Álvarez Palomino. Investigadora social, escritora e impulsora do proxecto Mulleres negras que mudaron o mundo.
Inscricion de balde. Enlace para inscribirse
Plazas limitadas
Descrición do taller
Propoñemos un percorrido histórico pola cidade e pola súa relación coas persoas non brancas, poñendo o foco nas interseccións entre o racismo estrutural, o deseño urbanístico e o seu impacto na vida cotiá, especialmente no barrio do Agra.
Traballaremos como o urbanismo e a planificación urbana poden reproducir desigualdades raciais históricas e estruturais, limitando o acceso das persoas non brancas aos espazos públicos, á vivenda ou aos recursos comunitarios. Ao mesmo tempo, abriremos un espazo para imaxinar e construír colectivamente barrios e comunidades que non só recoñezan a diversidade cultural, senón que promovan a equidade, a xustiza espacial e as relacións baseadas nos coidados e no antirracismo.
Contidos principais
- Contexto histórico
- Racismo e exclusión no deseño urbano
- Discriminación residencial e dereito a habitar a cidade
- Experiencias de resistencia comunitaria (redes de coidados, espazos autoxestionados)
- Exercicio práctico: imaxinemos o noso barrio
Empregaremos coñecemento situado, fomentando diálogos horizontais e traballo colaborativo, apoiándonos en ferramentas visuais.