3 de decembro 2025

Barrio

Cartografía do barrio con persoas maiores: emocións e reivindicacións.

O día 3 de decembro lévase a cabo no Ágora unha sesión de cartografía do barrio da Agra do Orzán con persoas maiores de 70 anos participantes no taller “Que cabeza”, impartido como parte da súa oferta formativa. A sesión resultou especialmente interesante polas aportacións realizadas polas participantes e o seu interese na actividade.

En primeiro lugar, pediúselles que pensaran en lugares do barrio da Agra do Orzán que lles transmitiran calma, alegría, sentido de pertenza e/ou orgullo, e que as sinalaran no mapa. Posteriormente, ben por escrito, ben de forma oral, explicaron as súas razóns para relacionar lugares e emocións. Xa por último, de xeito grupal, manifestaron necesidades e melloras que precisa o barrio.

Toda a información obtida será trasladada a un mapa dixital colaborativo.

A sesión contou tamén coa participación de alumnado de Educación Social da UDC, o que contribuiu a enriquecer a actividade. Dito alumnado realizou, ao finalizar a sesión, un podcast sobre barrios de coidados con algunhas das persoas participantes.

Galería de fotos