Xornada decelebración e devolución á comunidade da Fase 2
Estudantes de 2º curso do MOPS participaron na presentación dos resultados á comunidade do Agra. Ademais de devolver os resultados, implementáronse accións concretas:
Elaborouse e remitíuse unha carta á Alcaldesa coas reivindicacións e propostas de mellora recollidas nos catro proxectos.
Construíuse simbólicamente un respaldo no banco de pedra, reclamado polo grupo de persoas maiores do Ágora.
Deseñouse unha campaña de visibilización dos coidados invisibles ofrecidos polos comercios de proximidade, mulleres migrantes e persoas maiores, distribuíndo cartaces en establecementos e centros cívicos do barrio.