Mapa de recursos e equipamentos do barrio

Este mapa creouse no marco do proxecto Agra: barrio de coidados, liderado por Arquitectura sen Fronteiras e consorcio con entidades do barrio e o Mestrado de Políticas Sociais da Universidade da Coruña, financiado pola Xunta de Galicia.
Recolle a rede de equipamentos, centros, recursos, entidades e asociacións, que traballan para que o Agra sexa un barrio de coidados. Están organizados por tipoloxía (cores e capas) e reflicten o carácter público (cadradiño pequeno) ou privado (cadrado grande).
É un mapa vivo, en construción, precisa dos coidados de todas e todos.
Se es unha entidade e xa estás no mapa, podes contribuír enchendo de contido a túa organización: cunha descrición, cunha foto, cun enderezo e datos de contacto. O que queiras trasladar á veciñanza para darvos a coñecer e tecer redes.
Se faltan recursos no mapa, podes engadilos tamén.
Só tendes que ter coidado co que xa está recollido.
Pincha AQUÍ para ir ao mapa