PANEIS DEVOLUCIÓN FINAL

Para devolver algúns resultados e conclusións do proceso da fase 1 do proxecto elaboramos uns materiais que mostran  o traballo realizado, polos diferentes actores implicados,  a través das diversas actividades desenvolvidas.

Quixemos elaborar un material coral que permitise visibilizar e cruzar as diferentes voces e expresións da mocidade e os docentes que participaron desde o IES Agra do Orzán, dos nenos e nas do CEIP Raquel Camacho, das entidades e colectivos que participaron en diferentes accións do proxecto,  do traballo de investigación cualitativa e cuantitativa do alumnado de 1º e 2º curso do MOPS, xunto coas suas docentes .

Este material se artella en cinco lonas de gran formato para expoñer e facilitar devolucións á comunidade en diferentes momentos e contextos e posibilitar seguir xerando debate, sensibilización e participación social. Conten miradas apreciativas, críticas e reivindicativas a través de testimonios, debuxos, cartografías, fotografías, sempre desde a perspectiva do dereito a un hábitat digno.

Levan engadidos códigos QR que enlazan con algúns dos traballos realizados no IES, no CEIP ou no MOPS

O material aborda cinco temas e podede acceder aquí: PANEIS FINAIS

Lona 1: o proxecto

Lona 2:qué e un barrio de coidados

Lona 3: mapa de recursos e equipamentos do barrio

Lona 4: espacios públicos e de convvencia

Lona 5: emocións e reivindicacións cara a acción.

 

Sistematización e selección de contidos: Laura Cruz (docente MOPS) e Marta Casal (técnica ASF)

Deseño gráfico paneis: Roi Fernández