O equipo de ASF formámonos en Antirracismo con SOS Racismo

Parte do equipo técnico de ASF Galicia, do voluntariado e da xunta directiva tivemos a oportunidade de recibir unha moi necesaria formación impartida por Grabriela Frías, técnica de proxecto da Federación de SOS Racismo no marco do proxecto formativo do 2024  SensiSOS“Creando alianzas antirracistas a través da sensibilización de profesionais do traballo de defensa dos dereitos humanos das persoas migrantes”

Dirixido a profesionais da intervención social, administración pública, activistas doutras organizacións, operadores  xurídicos, policía (en toda a súa  extensión) e academia (profesorado, investigadores e futuros profesionais).

Esta formación tuvo lugar durante 8 horas presenciais os días mércores 13 e 27 de novembro de 16:00 a 20:00h na Escola técnica superior de Arquitectura da Coruña. Sumáronse de xeito virtual a esta formación compañeiras do equipo de cooperación internacional de Galicia en Guatemala, así coma outras compañeiras dos grupos de educación de ASF noutras demarcacións

Consideramos que os contidos e a proposta metodolóxica nos aportaron un espazo e tempo para identificar os prexuizos e estereotipos cos que funcionamos vinculados ao racismo e nos proporcionaron maior sensibilidade e recursos para tentar superalos e acompañar procesos educativos mais respectuosos cos DDHH e as diferentes opresions