O alumnado de 4º de primeria do CEIP formará parte deste proxecto xunto coas docentes implicadas con él e o equipo directivo do centro.
Partiamos dunha sinxela enquisa, e de debuxos sobre o barrio realizados polo alumando para deseñar unha proposta de traballo específica para eles e elas. A primeira actividade foi un obradoiro de 2 horas con cada un dos grupos o martes 14 de novembro nos que participaron dúas titoras, 48 alumnos e alumnas
Foi unha actividade deseñada ad hoc para este proxecto por Xógara, adicada á terapia ocupacional desde a perspectiva comunitaria. Foi coordinada entre a coordinadora de ASF, Xogara, e a responsable de Proxecto Terra que apoiou ao proxecto sustentando esta actividade economicamente para este centro e calquera outro que desexase pedila, Se ben é unha actividade que parte de satisfacer necesidades deste proxecto, é replicable para traballar en moitos contextos.
A Actividade se chamou “Incubando Historias do Barrio” e permitiunos achegarnos a identificar necesidade, visións e carencias do hábitat do alumando de forma lúdica a través de diversas propostas de xogo
Asistimos a cada sesión cinco persoas para poder dinamizar, observar e rexistrar ben todo o proceso.
Foi unha actividade coidadísima e moi satisfactoria para alumnado e docentes e que terá continuidade ao longo desta fase 1 do proxecto.
A información recollida foi bastante sorprendente e impactante, e non fai mais que avalar a pertinencia e necesidade de proxectos como este no barrio.