Comenzamos a traballar co alumnado de 3º a ESO do IES Agra do Orzán con tres obradorios de toma de contacto coa temática do proxecto e con diversas ferramentas e metodoloxías. Contamos coa colaboración do Proxecto Terra para estas actividades e con diversas profesionais que traballan sobre urbanismo e territorio.
Casi 100 alumnos e alumnas e varias docentes do IES, tomaron parte en distintas propostas entre o 10 e 17 de novembro de 2023.
O MUNDO MUDA impartido por Marta Somoza do Colectivo Re.Creo, nos achegou a reflexionar sobre os modelo de desenvolvemento urbano e pensar en propostas de desenvolvemento futuro baseadas en utopías
DEBUXA O TEU BARRIO: HABITAR, DESPRAZARSE, TRABALLAR, DESFRUTAR O TEMPO DE LECER impartida tamén por Marta Somoza analizamos o territorio da cidade da Coruña en función dos usos do mesmo e dos criterios de zonificación.
CARTOGRAFÍAS EMOCIONAIS impartida por Natalia Campos nos permitiu achegarnos a metodoloxía da cartografía emocional identificando emocións con espazos concretos do nosos barrio.