Poñámonos verdes: por un barrio coidado e que nos coide

Desde o proxecto Barrio Agra de coidados, e coa colaboración de Amigas da Terra,  o alumnado de 4º da ESO do IES Agra do Orzán, xunto co seu profesorado,  fixo visible o seu traballo durante este curso reflexionando e aprendendo sobre o activismo e a participación para a transformación social

 

O fixeron como peche dos obradoiros “Das aulas á rúa” que desenvolvimos, entre os meses de febreiro e abril, con estes 90 mozos e mozas. Foron cinco sesións en cada un dos catro grupos participantes e dúas de acción directa de incidencia social e política. Reflexionamos sobre a participación social, sobre as emocións que nos fan pasar das ideas ás accións, sobre as que nos paralizan. Falamos de referencias e referentes e indagamos nas orixes dos principais movementos socias e de como chegan aos nosos días os feminismos, o antirracismo, o ecoloxismo ou a loita pola vivenda e por un hábitat digno.
Buscamos na arte e en accións disrruptivas formas de sensibilizar e chamar a atención sobre aspectos que queremos transformar. A mocidade do barrio quixo contribuir a chamar a atención sobre a necesidade urxente no barrio de zonas verdes, e aproveitamos a semana da biodiversidade para facelo. Baixo o lema:

 

POÑÁMONOS VERDES: POR UN BARRIO COIDADO E QUE NOS COIDE

 

Para participar solo achegarse e levar unha planta e pasear xuntas polo barrio.  Fixemos un parque móbil entre todas e, por un intre, aportarmos a esa natureza e a capacidade colectiva para facer visible o que precisamos.
Este alumando  traballou na fase 1 do proxecto, xunto con outros actores educativos e sociais do barrio,  na elaboración dunha diagnose sobre o seu barrio identificando todo aquelo que queren poñer en valor, que lles aporta benestar e pertenza,  así como aspectos críticos e necesidades a ser atendidas.

 

Tanto a mocidade, como todos os actores participantes,  destacaron a urxente necesidade de xenerar zonas verdes no barrio. Vital é o desenvolvemento do agardado e  prometido Parque da Agra ,e tamén outras intervencións mais pequenas que aporten á saúde, beleza, e benestar das persoas. Mais ainda tras perder espazos como as Hortas do Agra e todo o entorno natural de Visma co proceso de urbanización iniciado.

 

Habitamos o barrio mais densamente poboado da cidade. Con veciñanza moi envellecida e infancia que apenas saen do mesmo, sen posibilidade de ver o horizonte ou de desfrutar dunha zona verde e saudable digna.

 

Sumámos con este acto simbólico enerxía e recoñecemento ao traballo que ven realizando durante anos, para avanzar no dereito a un hábitat digno, a veciñanza do barrio e colectivos como a Asoc. Veciñal  Agra, a gran comunidade que deu vida e sostén as Hortas da Agra, e outras.

 

Grazas e seguimos para contribuir a facer AGRA: UN BARRIO DE COIDADOS