No marco das materias Investigación-Acción Participativa e Técnicas cualitativas para a análise dos discursos e as realidades sociais, de 1º curso do Mestrado en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria da Universidade da Coruña, as estudantes levaron a cabo proxectos de IAP no barrio de Agra do Orzán, nos que traballaron temáticas relacionadas cos coidados e o espazo público. Estes foron os traballos e temas escollidos:
– O papel das comunidades relixiosas na rede de apoio a inmigrantes. Acceso ao traballo.
– Espazos, coidados e xénero.
– Uso dos espazos da mocidade do barrio.
– Posibilidades de coordinación das entidades do barrio.
Entre outras estratexias metodolóxicas, todos os grupos realizaron cartografías críticas e colaborativas como ferramenta para contar relatos ocultos, para identificar o que non vemos, para contemplar a diversidade, para promover proceso de investigación acción situados. Nesta lIGAZÓN accédese ao mapa que recolle todas as cartografías realizadas.