VIDEO FINAL _ FASE 2 AGRA UN BARRIO DE COIDADOS

O presente video quere dar conta do traballo realizado na fase 2 do proxecto Agra un barrio de coidados.

VER VIDEO   AGRA BARRIO DE COIDADOS _ FASE 2

Unha fase onde seguimos a formarnos como comunidade educativa, veciñanza, e onde seguimos a facilitar espzos e metodoloxías para identificar o que nos está a coidar e as necesidades que temos por cubrir para acadar un hábitat digno na nosa contorna próxima. Ao tempo conectamos con realidades do Sur global para tomar conciencia da corresponsabilidade das nosas políticas e accións noutros contextos.

Nesta fase además de seguir a formarnos e a realizar diagnoses participades desde diversas vivencias, damos pasos tamén cara a acción transformadora a través de accións de artivismo en espazos públicos, de incidencia política e social, de transformación de espazos , etc

Agra un barrio de coidados se concebiu como un proxecto comunitario de educación para a cidadanía global, imos paso a paso tecendo a rede que articule esa comunidade formada, sensible, activa y critica para facer valer os seus dereitos e tamén construir activamente

Moitísimas grazas a todas as persoas, colectivas e entidades que aportan ao proxecto, e cada día ao barrio co seu facer.