No marco da materia de Investigación-Acción Participativa (IAP) do Mestrado Universitario en Políticas sociais e intervención sociocomunitaria da Universidade da Coruña, o estudantado de primeiro curso, en colaboración con Arquitectura sen Fronteiras, mozos e mozas do grupo Scout Stoas, persoas maiores, veciñas migrantes, diversos comercios do barrio e outras persoas da comunidade, levaron a cabo catro proxectos de IAP:
- Tecendo Agra: visibiliza as necesidades de coidado e participación das persoas maiores.
- Agra Mundi: amosa o valor social dos coidados proporcionados as mulleres migrantes no barrio.
- Coidados desde o comercio local: reflexiona sobre o papel do comercio de proximidade na provisión de coidados ás persoas maiores
- Urbanismo é vida: explora como o deseño urbano inflúe no benestar das persoas maiores e mozas do barrio.
Da análise conxunta dos resultados destes traballos xurdiron tres propostas de acción:
- Elaborar e remitir unha carta á alcaldesa da cidade da Coruña que recolla as reivindicacións de todas as persoas participantes para facer do Agra un barrio de coidados.
- Dar respaldo ás demandas das persoas maiores a través dunha intervención artística simbólica.
- Poñer en valor os coidados ocultos que sosteñen o barrio, realizados por persoas maiores, mulleres migrantes e os comercios de proximidade.
O 3 de outubro, no Ágora, celebrarase a xornada de devolución destes resultados á comunidade, unha oportunidade de encontro, participación e celebración, na que se porán en marcha estas accións.
Carta á alcaldesa
https://agrabarriodecoidados.asfes.org/carta-a-alcaldesa/
Con respaldo vívese mellor
https://agrabarriodecoidados.asfes.org/con-respaldo-vivese-mellor/
Coidados invisibles