XORNADA DE CELEBRACIÓN E DEVOLUCIÓN AO BARRIO

Fai un ano que comezou a andar o proxecto Agra: un barrio de coidados. Para celebralo, queremos convidar á veciñanza e entidades do barrio a coñecer os resultados da primeira fase, e aproveitar para seguir compartindo e recollendo voces e propostas.
O martes 15 de outubro, a partir das 17:15, no Mercado das Conchiñas coa Rúa Barcelona (A Coruña) faremos a presentación aberta á comunidade. Vai ser acompañada coa actuación musical de Silvia Penide.
Nesta presentación poñemos en común a mirada sobre o barrio de diferentes axentes, derivada do traballo realizado fundamentalmente polo alumnado do CEIP Raquel Camacho, do IES do Agra do Orzán, do Mestrado en Políticas Sociais (UDC), e outras actividades que Arquitectura sen Fronteiras foi desenvolvendo neste tempo (entrevistas, derivas, xuntanzas…).
Sentídevos libres, e agradecemos, difundir como queirades. É algo aberto