Modalidades. Presencial (na sala de xuntas da Facultade de socioloxía da UDC) e en liña (ver enlaces no programa).
De balde. Non é necesaria inscrición.
No marco do proxecto Agra: un barrio de coidados_Fase 2, desenvolveranse entre os meses de outubro e decembro as xornadas: A reprodución social entre múltiples crises. Vivenda, ecoloxía e ruralidade, organizadas polo Mestrado en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria (MOPS) da Universidade da Coruña. As distintas sesións estarán abertas a todas aquelas persoas interesadas na materia, tanto na súa modalidade presencial coma virtual.
PROGRAMA:
Mércores, 29 de outubro| 16 horas | Facultade de socioloxía | En liña: https://goo.su/nUnGSrT
Mulleres en loita pola vivenda. Dos esforzos cotiás á disputa pública polos medios de vida. Irene Sabaté Muriel. Profesora de antropoloxía na Universidade de Barcelona.
Luns, 17 de novembro | 16 horas | Facultade de socioloxía | En liña: https://goo.su/6nf5HaP
Territorios que coidan: investigación situada e afectiva en Galicia. Cristina Botana. Profesora e investigadora na Universidade da Coruña.
Luns, 1 de decembro | 16 horas | Facultade de socioloxía | En liña: https://goo.su/qsX6ZGB
O Antropoceno en perspectiva de xénero: entre a teoría ecofeminista e o papel das mulleres labregas galegas nunha transición ecosocial xusta. Stefania Barca Botana. Investigadora distinguida na Universidade de Santiago de Compostela. Bibiana Martínez. Investigadora posdoutoral na Universidade de Santiago de Compostela.
O proxecto Agra: un barrio de coidados está liderado por Arquitectura Sen Fronteiras en consorcio co Mestrado en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria (MOPS) da Universidade da Coruña, e conta co financiamento da Cooperación Galega (Xunta de Galicia).